Estrutura e funcións celulares

A célula é a unidade básica da vida. Todos e cada un dos organismos están formados por unha ou máis células. Todas estas células comparten características esenciais que se conservaron ao longo da evolución. Por exemplo, todas as células conteñen material xenético que dirixe todas as actividades celu...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Candal Suárez, Eva María
Tipo de documento: livro
Data de publicação:2013
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositório:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:galego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9853
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/9853
Access Level:Acceso aberto
Palavra-chave:Bioloxía Básica
Grao en Matemáticas
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2407 Biología celular::240703 Morfología celular
Descrição
Resumo:A célula é a unidade básica da vida. Todos e cada un dos organismos están formados por unha ou máis células. Todas estas células comparten características esenciais que se conservaron ao longo da evolución. Por exemplo, todas as células conteñen material xenético que dirixe todas as actividades celulares e se transmite ás células fillas. Todas están rodeadas por unha membrana plasmática que define a identidade da célula, xa que separa o seu contido interno (o citoplasma) do medio externo. Ademais, todas as células eucariotas conteñen varios orgánulos rodeados de membrana, que proporcionan compartimentos especializados con distintas funcións. Estas células posúen ademais unha rede de filamentos de proteínas que proporcionan un armazón que determina a forma celular, a posición dos orgánulos e os movementos da célula no seu conxunto. Polo tanto, comprender a estrutura celular (como é) e como funcionan os seus compoñentes resulta fundamental para descifrar o comportamento celular. Así, poderemos coñecer como o conxunto das actividades da célula se realiza de forma controlada, eficaz e herdable. Nesta unidade faise un estudo da membrana plasmática, dos distintos orgánulos da célula e do citoesqueleto. Estudarase a importancia biolóxica destas estruturas a nivel xeral e as súas funcións na comunicación entre a célula e o seu medio, a síntese, procesamento e transporte de proteínas e lípidos, os distintos tipos de movemento celular e a obtención de enerxía. Analizaremos como a regulación das actividades da célula permite acadar un equilibrio entre crecemento, maduración, división e morte celular.Tamén estudaremos como a alteración dos mecanismos de regulación celular deriva no desenvolvemento do cancro.