Tamén Contamos: a divulgación dixital do VIH desde unha óptica LGTBI e o xornalismo de datos

Hai máis de corenta anos comezou a estenderse unha epidemia que se chegou a coñecer como “cáncer gay”, “peste rosa” ou “síndrome das catro haches”. O tratamento mediático do VIH xerou un estigma cara determinados colectivos na sociedade occidental, como a comunidade LGTBI, que nos peores momentos da...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Portela Otero, Daniel
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/37941
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/37941
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Xornalismo dixital
Xornalismo de datos
Divulgación sanitaria
VIH
LGTBI
Periodismo digital
Periodismo de datos
Digital journalism
Data journalism
Health dissemination
HIV
Descripción
Sumario:Hai máis de corenta anos comezou a estenderse unha epidemia que se chegou a coñecer como “cáncer gay”, “peste rosa” ou “síndrome das catro haches”. O tratamento mediático do VIH xerou un estigma cara determinados colectivos na sociedade occidental, como a comunidade LGTBI, que nos peores momentos da epidemia conseguiu artellar unha resposta comunitaria que desafiou á mensaxe institucional en numerosas ocasións. O estigma sobre o VIH non desapareceu e segue pesando sobre todas aquelas persoas que viven con el, especialmente naqueles grupos sociais que xa carrean outros prexuízos. A mirada social cara o virus e o seu síndrome asociado, a sida, lograron distinguir entre vítimas culpables e non culpables. Nun ecosistema de medios novo e con apoio na disciplina do xornalismo de datos, xorde un proxecto dixital que pretende coller o testemuño do activismo —que segue presente en moitas organizacións— para dar unha resposta ás cuestións actuais que atinxen ás persoas que viven co virus. Isto é Tamén Contamos, un medio exclusivamente desenvolto a través dunha newsletter e unha conta de Instagram, con posibilidades de continuidade e apertura a abordar novas cuestións. A dixitalización da sociedade contribuíu á democratización da información e aumentou a posibilidade de acceso a novas voces e conversas mediante as redes sociais e formatos en auxe como os boletíns ou os podcasts. A necesidade de poucos recursos humanos e técnicos é o que contribúe a que os novos medios estean ao alcance de xente que, incluso sen ser xornalista, pode comunicar mesmo a través dun móbil. O proxecto saca rendemento a estas novas posibilidades para facer a súa aportación propia ao xornalismo social, sanitario e de datos.