Proposta de intervención en Artes Vivas para o Arde Lucus
[GAL] A idea básica será investigar sobre as posibilidades de actuación ao redor das artes vivas para achegarse á posible elaboración de distintas ferramentas vinculadas ao tratamento da cultura que permitan incorporar novas propostas de actuación na programación do Arde Lucus. Resulta evidente que...
| Author: | |
|---|---|
| Format: | master thesis |
| Publication Date: | 2023 |
| Country: | España |
| Institution: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repository: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Language: | Galician |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/40176 |
| Online Access: | https://hdl.handle.net/10347/40176 |
| Access Level: | Open access |
| Keyword: | Xestión cultural TFM Lugo Arde Lucus Artes vivas Artes escénicas Gestión cultural Cultural management Living arts |
| Summary: | [GAL] A idea básica será investigar sobre as posibilidades de actuación ao redor das artes vivas para achegarse á posible elaboración de distintas ferramentas vinculadas ao tratamento da cultura que permitan incorporar novas propostas de actuación na programación do Arde Lucus. Resulta evidente que a creación do Arde Lucus, a principios do século XXI dentro das festas de recreación histórica, ten suposto un pulo de primeira orde para a cidade de Lugo e na súa, curta pero xa dilatada, traxectoria a cantidade de actividades lúdicas ten ido consolidándose. Sen embargo, consideramos que resultaría de interese incrementar esta oferta co deseño de actividades vinculadas as artes clásicas e, máis en concreto, co mundo do teatro. Neste sentido entendemos que, un tratamento integral da cultura pode chegar a supoñer un terreo óptimo para conxugar as ferramentas propias das artes vivas en sentido clásico (a representación escénica), o tratamento das propostas culturais na actualidade (no Arde Lucus) e a apertura dun nicho laboral vinculado coa xestión no que se aproveiten os coñecementos humanísticos que proporciona o máster en Servizos Culturais coa propia interacción social. Neste sentido, a nosa proposta retomaría o sentir reflexivo, crítico e vivido do teatro grego e incorporaría engadidos de máximo interese para a concreción precisa dunha proposta de xestión cultural acaída aos obxectivos da liña profesional na que se enmarca este TFM. |
|---|