Entre illas. Reciclaxe e arquivo no cinema galego
Nos últimos dez ou quince anos, os cambios técnicos ligados á era dixital teñen feito proliferar diferentes traballos audiovisuais (no cinema, pero tamén na televisión, no videoclip e noutros ámbitos) que reutilizan imaxes e sons tomados noutros momentos e normalmente con outras intencións. Á vez, a...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | capítulo de libro |
| Fecha de publicación: | 2020 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/45299 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/45299 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Arquivo Cinema galego Reciclaxe Found footage Apropiación Non ficción Remix 620301 Cinematografía |
| Sumario: | Nos últimos dez ou quince anos, os cambios técnicos ligados á era dixital teñen feito proliferar diferentes traballos audiovisuais (no cinema, pero tamén na televisión, no videoclip e noutros ámbitos) que reutilizan imaxes e sons tomados noutros momentos e normalmente con outras intencións. Á vez, a capacidade da rede para funcionar como medio de distribución facilita a aparición de arquivos en liña (ou a apertura a través da rede de arquivos físicos) que fan accesibles multitude de materiais á vez que permiten a novos e novas cineastas crear directamente para os arquivos, reflectindo a dificultade actual de acotar o cinema a un formato ou un modo de distribución concreto. Deste xeito, obsérvanse no cinema galego unha serie de tendencias interesantes consecuencia deste contexto: reutilización de material como exercicio de memoria, resignificación creativa e política do material, creación de arquivo e funcionamento destes como lugares de poder... Neste texto abórdanse estas cuestións a través de exemplos como 'Fóra' (Xan Gómez Viñas e Pablo Cayuela), 'Doli doli doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo' (Uqui Permui), 'Vikingland' (Xurxo Chirro), 'CCCV' (Ramiro Ledo), 'Pensando en Soledad' (Marcos Nine) e a súa relación con iniciativas de arquivo como Proxecto Socheo ou Contenedor de Feminismos e coa obra recuperada de cineastas como José Ernesto Díaz Noriega, Teo Manuel Abad ou Carlos Varela Veiga. Ademais, abórdanse tamén obras de apropiación de Alberte Pagán, Diana Toucedo ou Ramiro Ledo e tendencias máis ligadas ao dixital e a xeración millennial en traballos do colectivo Prenom, Iria Silvosa, Lucía Estévez, Marta Valverde ou Brais Romero. |
|---|