Árbores senlleiras nos Camiños de Santiago en Galicia
O Camiño de Santiago é un itinerario milenario que conduce dende todos os puntos de Europa e da Península Ibérica cara ao lugar onde están soterrados os restos do apóstolo Santiago O Maior. O descubrimento do sepulcro no noroeste peninsular é a orixe da peregrinación que, dende a Idade Media ata os...
| Autores: | , , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | libro |
| Fecha de publicación: | 2023 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/41836 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/41836 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Arbores senlleiras Camiño de Santiago Galicia Flora de Galicia |
| Sumario: | O Camiño de Santiago é un itinerario milenario que conduce dende todos os puntos de Europa e da Península Ibérica cara ao lugar onde están soterrados os restos do apóstolo Santiago O Maior. O descubrimento do sepulcro no noroeste peninsular é a orixe da peregrinación que, dende a Idade Media ata os nosos días, guiou milleiros de fieis cara o Lucus Sanctus. No ano 711 prodúcese a entrada dos musulmáns na Península Ibérica polo sur, que chegan aos territorios do norte en escasamente dous anos. Os asentamentos musulmáns foron máis estables no sur, onde se creou o Califato de Córdoba. No orte non houbo conquista pero si multitude de incursións bélicas. Será entón un pequeno reino cristián do norte o xerme da expansión dos territorios cristiáns ata o século XV, fin do último reino musulmán na Península. Esta era a situación socio-política no tempo do descubrimento do sepulcro apostólico, que nos dá unha idea da importancia deste fito e o que supuxo para os reinos cristiáns na loita contra os exércitos musulmáns. A figura do apóstolo tomaríase como símbolo para loitar contra as tropas musulmás, o que fixo que moitos cristiáns de alén dos Pirineos decidisen axudar na loita contra os «infieis». |
|---|