O asociacionismo no desenvolvemento socioeducativo e cultural do Concello de Vedra. Orixes, actualidade e prospectiva
Esta investigación ten como obxectivo analizar en clave descritiva e interpretativa o tecido asociativo do Concello de Vedra estudando os antecedentes, o perfil, as accións e o impacto no seu desenvolvemento socioeducativo e cultural. Para acadar este propósito, optamos por unha metodoloxía que comb...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2023 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/30918 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/30918 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | 5899 Otras especialidades pedagógicas (Pedagogía Social) 630101 Evolución cultural |
| Sumario: | Esta investigación ten como obxectivo analizar en clave descritiva e interpretativa o tecido asociativo do Concello de Vedra estudando os antecedentes, o perfil, as accións e o impacto no seu desenvolvemento socioeducativo e cultural. Para acadar este propósito, optamos por unha metodoloxía que combinou métodos cualitativos e cuantitativos, empregando como técnicas de recollida de datos: a investigación documental, entrevistas a políticos locais, nas que contamos con seis participantes; dous grupos de discusión: un a integrantes do tecido asociativo vedrés, e outro a persoas expertas a nivel galego, e un cuestionario realizado a cincuenta e catro entidades. Os resultados indican que diferentes fitos históricos influíron na realidade asociativa de Vedra. Tamén concluímos que as entidades vedresas contan con diversas potencialidades, como pode ser o nivel de implicación da veciñanza ou a gran capacidade de acción, pero ao tempo teñen limitacións, carencias e novos desafíos que afrontar como o relevo xeracional e a necesidade de optimización dos recursos. Por outra parte, identifícase que o impacto do labor asociativo vedrés no desenvolvemento socioeducativo e cultural da veciñanza é importante tanto a nivel individual (valores, incentivo profesionalizador, recursos para a vida, de relación...), como colectivo (transformacións sociocomunitarias dos contornos e espazos de convivencia) |
|---|