O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega

Esta tese de doutoramento ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas dispostas alfabeticamente...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Rodríguez Parada, Raquel
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2019
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/19891
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/19891
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570503 Lexicografía
Materias::Investigación::57 Lingüística::5702 Lingüística diacrónica::570201 Lingüística histórica
Descripción
Sumario:Esta tese de doutoramento ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas dispostas alfabeticamente, que se ofrecen asociadas a algún dos cinco campos semánticos en que clasificamos as voces do corpus: o enxoval: xeral, o vestiario, os materiais, o leito e o servizo de mesa. Analizamos a procedencia, difusión e pervivencia posterior do léxico vinculado a este ámbito da vida cotiá e ofrecemos unha análise contrastiva co portugués e o castelán. Precede ao estudo léxico unha análise da tipoloxía documental que constitúe o corpus, unhas breves achegas á historia da indumentaria e a metodoloxía empregada na realización do traballo. O corpus, de elaboración propia, está constituído por 178 documentos notariais. Todos son textos éditos, excepto un reconto da Catedral de Ourense, inédito, custodiado no arquivo da dita catedral, do cal ofrecemos o estudo codicolóxico, a edición crítica e o índice de topónimos e antropónimos que contén.