Mecanismos de patoxenicidade bacteriana

Actualmente, a materia Microbioloxía Clínica impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso da Licenciatura en Bioloxía e, logo da implantación completa do EEES, pasará a ser unha materia optativa do último curso do Grao. Está, por tanto, dirixida aos alumnos de 4º Curso, que xa posúen coñecemen...

Full description

Bibliographic Details
Authors: Muñoz Crego, Ángeles, Santos Rodríguez, Ysabel, Seoane Prado, Rafael
Format: book
Publication Date:2010
Country:España
Institution:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repository:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Language:Galician
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/10214
Online Access:http://hdl.handle.net/10347/10214
Access Level:Open access
Keyword:Microbioloxía Clínica
Grao en Bioloxía
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241499 Otras (especificar)
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241402 Fisiología bacteriana
Description
Summary:Actualmente, a materia Microbioloxía Clínica impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso da Licenciatura en Bioloxía e, logo da implantación completa do EEES, pasará a ser unha materia optativa do último curso do Grao. Está, por tanto, dirixida aos alumnos de 4º Curso, que xa posúen coñecementos previos de Microbioloxía Xeral. Por iso, os alumnos xa saben que a biosfera terrestre contén infinidade de microorganismos de tipos moi diversos, a maior parte dos cales é descoñecida para o home. A algúns coñecémolos polas súas actividades na natureza, como os microorganismos do ciclo do nitróxeno, que contribúen á fertilización do chan e outros que provocan a dexeneración e mineralización da materia orgánica. Existen outros que son importantes polas súas propiedades beneficiosas na produción, conservación e mellora de alimentos e bebidas, como o queixo, o viño ou a cervexa; na síntese de disolventes orgánicos e antibióticos e na degradación dos residuos orgánicos. E existen tamén, aqueles capaces de producir enfermidades, tanto humanas como animais, que serán o obxecto de estudo desta materia.