| Sumario: | A Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA) comprácese en presentar a XI Xornada de Usuarios de R en Galicia. Este evento busca converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en compartir as súas experiencias e establecer colaboracións dentro da comunidade, ao tempo que promove e difunde o coñecemento libre da linguaxe estatística R e as súas aplicacións prácticas. O programa contempla vinte relatorios ao longo de todo o día. Dos cales seis son convidados e ás outras catorce atenderon á chamada de recepción de propostas. O evento contará con participantes destacados do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), da Xunta de Galicia, así como do Instituto Galego de Estatística e das tres universidades galegas ou da Universidad Carlos III de Madrid. Tamén participarán académicos de universidades internacionais, como a Universidad Cooperativa de Colombia, Universidade Federal Fluminense (Brasil) e da Academia da Força Aérea (Brasil), así como un profesor de Ensino Medio do IES Pedra da Auga en Ponteareas. Todo isto non sería posible sen o patrocinio de AMTEGA á que agradecemos a súa contribución
|