LocalRSE: proxecto local de responsabilidade social empresarial

A Responsabilidade Social Empresarial consiste esencialmente na integración voluntaria, por parte das empresas, das preocupacións sociais e medio-ambientais nas súas operacións comerciais e nas súas relacións cos seus interlocutores. É a contribución das empresas ao obxectivo de acadar un desenvolve...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Otero Romero, Víctor
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/39894
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/39894
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Responsabilidade Social Empresarial
Goberno local
Empresa
Ética empresarial
Responsabilidad Social Empresarial
Gobierno local
Corporate Social Responsibility
Local government
Company
Business ethics
Descripción
Sumario:A Responsabilidade Social Empresarial consiste esencialmente na integración voluntaria, por parte das empresas, das preocupacións sociais e medio-ambientais nas súas operacións comerciais e nas súas relacións cos seus interlocutores. É a contribución das empresas ao obxectivo de acadar un desenvolvemento máis sostible de forma que melloren o crecemento social, a protección medio-ambiental e o respecto dos dereitos humanos, adoptando un modo de gobernanza aberta que reconcilia intereses tanto propios como de diversos axentes sociais. As institucións públicas pola súa parte, teñen a potestade de adoptar medidas que reduzan o impacto do ámbito económico e social e que contribúan ao benestar colectivo. Tamén, pola súa proximidade ás empresas e á cidadanía, permítelles un mellor coñecemento sobre a realidade do territorio, o que lles facilita impulsar a creación de accións co resto de actores implicados na vida do municipio cos que se poida facer fronte aos novos retos no ámbito local. LocalRSE é un proxecto de intervención directa que consiste na creación e prestación dun servizo local de formación, promoción e consultaría sobre Responsabilidade Social Empresarial para as empresas localizadas dentro do territorio municipal. Está dirixido directamente este a tódolos municipios de Galicia e procura ser un proxecto piloto transmisible que poida realizarse en calquera destes coas debidas adaptacións. Mediante accións de formación e apoio ou actividades de promoción e difusión, o proxecto procura a construción dun tecido empresarial máis responsable e unha cidadanía máis coñecedora e informada sobre o ámbito da responsabilidade social e o seu impacto na sociedade.