A transformación da agricultura galega no camiño cara a especialización leiteira: ruptura coa innovación labrega, industria láctea e modernización (1900-1980)

A gandería de leite e o sector lácteo constitúen, a día de hoxe, un dos principais piares produtivos do agro galego e da economía de Galicia. Habitualmente vense entendendo isto coma o resultado dun proceso de especialización láctea sucedido no marco da modernización das agriculturas impulsada polo...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Otero Rodríguez, Telmo
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2022
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/29347
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/29347
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporánea
Descripción
Sumario:A gandería de leite e o sector lácteo constitúen, a día de hoxe, un dos principais piares produtivos do agro galego e da economía de Galicia. Habitualmente vense entendendo isto coma o resultado dun proceso de especialización láctea sucedido no marco da modernización das agriculturas impulsada polo Estado a partir dos anos 60. Sen embargo, antes disto, xa se viñan dando transformacións agrogandeiras en relación coa produción e comercialización do leite, xurdidas dende as propias agriculturas campesiñas dende principios do S.XX. O noso obxectivo así é rastrexar estas mostras de innovación labrega que xa viñan sucedendo dende principios de século, cando o leite comeza a aumentar a súa presencia na alimentación da sociedade, para despois analizar a posta en marcha dun modelo de agro-gandeiro intensivo baseado na produción láctea e o que supuxo con respecto á dinámica previa e ó agro galego en xeral. Desta maneira, poñemos en perspectiva a modernización agraria impulsada polo Estado á medida das súas necesidades e das da industria láctea dende os anos 60, para demostrar que xa previamente se daban procesos de innovación xurdidos das propias agriculturas campesiñas á medida das súas necesidades. Unha cuestión que ten moita relevancia cando na actualidade nos preguntamos sobre modelos e fórmulas de agricultura sostible e que podemos responder estudiando o papel do leite nas transformacións agrarias sucedidas na nosa rexión durante o S.XX.