| Sumario: | As orquestras, no último século, convertéronse nun fenómeno cultural en Galicia. Un movemento, herdeiro das bandas, que ambientaba as festas das cidades e que pouco a pouco se foi ruralizando ata chegar ao momento actual, no que toda festa galega que se precie, alá onde se celebre, está amenizada por unha afamada orquestra. Na adecuada difusión das festas e das súas actuacións, o cartel xoga un papel fundamental. Incluso as orquestras contan cos seus propios afiches2, cos que dan a coñecer as súas xiras ou os cambios de cada temporada. Carteis que sintetizan a filosofía do grupo, achegan un avance dos contidos do espectáculo (que, nalgúns casos, chega a ser temático) e que cada ano recorren a arriscadas composicións para atraer o maior número de persoas posible. O obxectivo do presente traballo consiste en coñecer, mediante unha análise de contidos dos materiais promocionais de ditas orquestras, cales son as mensaxes e posibles significados que se plasman no material publicitario.
|