| Sumario: | A cencerrada é un fenómeno social que expresa a movilización do pobo en prol da defensa da moral tradicional. É unha reacción suscitada por un abano de causas relativamente amplo que ten como fin primordial o repudio dos matrimonios entre conxugues de idades desiguais, ós amancebamentos, as infidelidades e calquera outra forma de relación que fose considerada ilícita. Era esta unha forma de presión moral, exercida mediante o emprego do escarnio, que se desenvolvía tanto en aldeas e vilas como nos barrios –máis ben periféricos– das cidades, e era un feito corrente tanto en Galicia, como en diversas partes de España e no entorno europeo. Trátase dun costume que se remonta a épocas moi recuadas, do que existe constancia xa no século XVII, e que seguíu pervivindo ata prácticamente os nosos días, aínda que de xeito menos adoito e cunha tesitura máis atenuada que revela ben a súa decadencia.
|