| Sumario: | As desviacións orzamentarias das nosas comunidades autónomas foron máis dunha vez obxecto de atención polo amplo volume que as súas cifras oficiais alcanzaron no pasado ou pola persistente presenza de desviacións ocultas, especialmente no ámbito sanitario. Aquí analízase o caso concreto da Comunidade Autónoma galega, distinguíndose entre a desviación en créditos e a desviación en obrigas (sobre créditos iniciais). Con respecto á primeira, evidénciase o atraso do marco legal autonómico en relación co estatal e trázanse as grandes liñas de evolución das súas cifras globais, así como do uso realizado das diversas figuras modificadoras. Con respecto á desviación en obrigas, desvélanse algunhas claves do seu comportamento, investigándose as diferenzas resultantes de axustar as cifras oficiais polo chamado “gasto oculto”. Finalmente, enúncianse as principais conclusións do traballo e apúntanse posibles reformas para emprender nos próximos anos
|