Prevención do dó complicado en adultos/as maiores mediante as novas tecnoloxías: Podcast CoñecenDó

A proposta de intervención Podcast CoñecenDó xustifícase no crecente envellecemento da poboación e retos asociados, entre eles, a xestión do dó. O dó defínese como un proceso subxectivo e multidimensional de dor ante a perda, que pode ser relacional, interpersoal, material ou evolutiva. Pode manifes...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Vázquez Álvarez, Carla
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/37819
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/37819
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Dó complicado
Adultos/as maiores
Podcast
Novas tecnoloxías
Prevención
Duelo complicado
Adultos/as mayores
Nuevas tecnologías
Complicated grief
Old adults
New technologies
Prevention
Descripción
Sumario:A proposta de intervención Podcast CoñecenDó xustifícase no crecente envellecemento da poboación e retos asociados, entre eles, a xestión do dó. O dó defínese como un proceso subxectivo e multidimensional de dor ante a perda, que pode ser relacional, interpersoal, material ou evolutiva. Pode manifestarse con síntomas físicos, emocionais, cognitivos e/ou condutuais. Consiste nunha reacción normal ante a perda, mais existen diferentes tipos, algúns deles presentan patróns desadaptativos que afectan significativamente ao funcionamento diario (dó complicado). A intervención con adultos/as maiores en dó debe considerar as características específicas desta poboación que conta cunha experiencia acumulada de perdas. Isto fai que se dominen un maior número de estratexias de afrontamento; pero tamén que se vexan diminuídos os recursos de apoio, debido á perda de persoas significativas. Neste contexto, a psicoeducación ten un papel importante na prevención de complicacións relacionadas coa xestión do dó. As novas tecnoloxías proporcionan ferramentas que pode contribuír nesta tarefa de prevención, pois amosaron ter beneficios para a inclusión social, o mantemento dun rol activo, o fomento da autonomía e o sentimento de utilidade. O obxectivo principal deste traballo foi deseñar unha proposta de prevención do dó complicado en adultos/as maiores, utilizando as TIC. O recurso tecnolóxico seleccionado como ferramenta educativa foi o podcast. Esta proposta está deseñada para desenvolverse en ATEGAL e diríxese ao alumnado que teña interese na temática. Consta de oito sesións e unha avaliación cualitativa elaborada ad hoc. Espérase que as persoas que asistan reciban información útil sobre o dó, aumentando os seus coñecementos e adquirindo estratexias e recursos para afrontalo. Ademais, preténdese facilitar a creación dunha rede de apoio á vez que se fomenta a autonomía dixital dos/as asistentes. Porén, presenta limitacións como ausencia de familiaridade coa tecnoloxía, barreiras emocionais dos/as participantes, omisión de aspectos relevantes do dó ou falta dun grupo control