O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo

A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Santiago Gómez, Carmen de
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2022
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/28321
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/28321
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620203 Estilo y estética literarios
Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620201 Crítica de textos
Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literario
Descripción
Sumario:A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda, Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa poesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo. A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan a súa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e a ancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu "cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códices que transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas.