Cara á deseucaliptización de Galicia? Un conflito paisaxístico caracterizado a través dalgunhas manifestacións no territorio galego

Esta tese analiza a conflitividade xerada ao redor da expansión do eucalipto no territorio galego. Así, a investigación destínase a estudar as deseucaliptizacións, entendidas como un conxunto de accións organizadas que arelan a eliminación e/ou contención do eucalipto nos montes. A parte contextual...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Cidrás Fernández, Diego
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2022
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/28060
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/28060
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::54 Geografía::5404 Geografía regional::540402 Geografía rural
Materias::Investigación::54 Geografía::5403 Geografía humana::540305 Geografía política
Materias::Investigación::54 Geografía::5403 Geografía humana::540301 Geografía cultural
Descripción
Sumario:Esta tese analiza a conflitividade xerada ao redor da expansión do eucalipto no territorio galego. Así, a investigación destínase a estudar as deseucaliptizacións, entendidas como un conxunto de accións organizadas que arelan a eliminación e/ou contención do eucalipto nos montes. A parte contextual da tese ofrece unhas coordenadas teóricas xerais, nas que salienta a conceptualización de paisaxe e natureza, así como unha revisión dos antecedentes en campos como o estudo do monte galego, das repoboación forestais e dos lumes no país. Deseguido, o traballo empírico, de base cualitativa, consiste en catro casos de estudo en Galicia, e un en Australia concibido como contrapunto. Neles demóstrase que as deseucaliptizacións van alén do discurso ecolóxico, de xeito que responden a unha carga emocional máis profunda, así como a condicionantes territoriais que transcenden a temática ambiental nun sentido estrito. Conclúese, así pois, que as deseucaliptizacións deben ser concibidas como un conflito paisaxístico e, neste sentido, propóñense medidas que habiliten unha mellor planificación das paisaxes forestais.