Teratoxénese

A presente unidade didáctica forma parte da lección 3, que trata de mecanismos de toxicidade. Xunto á mutaxénese e a carcinoxénese constitúe un mecanismo especial de toxicidade. Tamén xunto aos anteriores caracterízase polo longo período de latencia que pasa, moitas veces, entre a exposición a un tó...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Cruz Landeira, Angelines
Formato: livro
Fecha de publicación:2008
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/10980
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/10980
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:Licenciatura en Farmacia
Toxicoloxía
Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3214 Toxicología
Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3203 Medicina forense
Descrição
Resumo:A presente unidade didáctica forma parte da lección 3, que trata de mecanismos de toxicidade. Xunto á mutaxénese e a carcinoxénese constitúe un mecanismo especial de toxicidade. Tamén xunto aos anteriores caracterízase polo longo período de latencia que pasa, moitas veces, entre a exposición a un tóxico e a manifestación dos efectos. Comparte, ademais con eles a característica de que, ás veces, un mecanismo xenotóxico está na base fisiopatolóxica do proceso. A teratoxénese é un problema que preocupou o home desde tempos remotos, pero ata mediados do século pasado pensábase que non tiña relación con exposicións ambientais, xa que se consideraba que a placenta actuaba como unha barreira de protección do feto. Foi a raíz do caso da talidomida, un fármaco empregado para tratar as náuseas do primeiro trimestre do embarazo, alá polos anos 60, cando xurdiu a alarma sobre os posibles riscos da exposición intraútero ás substancias químicas. A partir dese punto estableceuse a necesidade de avaliar o risco dos novos fármacos para o seu uso durante o embarazo, para evitar que o caso da talidomida se repetise. Tamén a partir de entón se estableceron uns principios básicos de teratoxénese, que serven para comprender cando unha determinada exposición pode supor un risco para o embarazo ou non. Debido á frecuencia con que as mulleres embarazadas están expostas a tratamentos farmacolóxicos, é preciso que os farmacéuticos teñan unhas nocións básicas e claras sobre estes principios básicos e sobre os mecanismos de teratoxénese. Deste xeito poderán facer unha interpretación crítica do risco que pode supor o uso dun determinado fármaco nunha determinada etapa da xestación. Tamén é importante que coñezan algún sistema de clasificación de fármacos en base ao seu potencial teratoxénico, e que se acostumen ao seu manexo e interpretación.