Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega

A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: González Rodríguez, Alberte, Salvador Fernández, Jorge, López Guitar, Manuel José, Gómez Cereijo, Jorge
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2017
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/42216
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/42216
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Integración paisaxística
Edificacións
Paisaxe galega
Galicia
Harmonización
Descripción
Sumario:A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto ás esixencias normativas impulsadas nos últimos anos desde distintos ámbitos lexislativos, implican a necesidade de contar con fundamentos teóricos e desenvolvementos metodolóxicos que eviten a súa transformación nun conxunto de actuacións illadas e incoherentes. A metodoloxía descrita nesta monografía ten por obxecto establecer unhas pautas de composición para construcións e edificacións, que favoreza unha adecuada integración paisaxística e con iso contribuír a unha maior calidade da paisaxe galega. Esas pautas centraranse nos tipos de materiais máis recomendables para os diferentes elementos das construcións e edificacións, así como nas gamas ou paletas de cores máis congruentes coas características das contornas nas que se vaian empregar. A metodoloxía cristalizará nunha serie de recomendacións e propostas prácticas, con carácter orientativo, que poderían servir de fundamento e axuda para que os plans urbanísticos e os instrumentos de ordenación do territorio as concreten, para ámbitos territoriais menores, e por tanto dunha forma máis detallada e cun alcance normativo.