Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas
O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acos...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2022 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/29806 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/29806 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::61 Psicología::6105 Evaluación y diagnóstico en psicología::610504 Estadística Materias::Investigación::61 Psicología::6102 Psicología del niño y del adolescente::610204 Psicología escolar Materias::Investigación::61 Psicología::6101 Patología::610101 Desordenes del comportamiento |
| Sumario: | O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acoso e vitimización escolar ás contornas dixitais, fenómeno coñecido como cyberbullying. Malia a preocupación social suscitada, a abordaxe científica desta nova problemática continua inmersa nunha serie de controversias conceptuais e operativas. Como resultado, atopámonos cunha gran variabilidade nas taxas de cyberbullying reportadas na literatura, así como numerosas inconsistencias que obstaculizan a comprensión do fenómeno. A liña de investigación baixo a cal se enmarca a presente tese de doutoramento, tivo como obxectivo levar a cabo unha avaliación do fenómeno do cyberbullying entre a poboación escolar galega. O compendio de traballos aquí presentados, pretende contribuír a dar resposta a algunhas das seguintes cuestións: (1) dispor de datos estimativos da magnitude do cyberbullying na comunidade galega, mediante o emprego de ferramentas de screening contrastadas e avaladas cientificamente; (2) obter novas evidencias empíricas mediante a análise descritiva das variables asociadas, e (3) estudar a relación entre o bullying escolar e o cyberbullying. Agardamos que as achegas acadadas neste traballo, poidan contribuír non só a mellorar a comprensión do fenómeno, senón tamén ó desenrolo de programas de prevención eficaces que orienten as actuacións para concienciar e combater ó cyberbullying |
|---|