Cambios relacionados coa idade na actividade eléctrica cerebral diante dunha tarefa de memoria de traballo viso-espacial

O declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Pinal Fernández, Diego
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2015
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/13316
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/13316
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::61 Psicología::6106 Psicología experimental::610601 Actividad cerebral
Materias::Investigación::61 Psicología::6106 Psicología experimental::610606 Procesos de la memoria
Descripción
Sumario:O declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores. Consecuentemente, nesta tese de doutoramento analizouse o sinal electroencefalográfico durante a codificación, mantemento e recuperación da información en memoria de traballo viso-espacial. Deste xeito, estudouse tanto a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral, e a súa modulación por manipulacións da carga en memoria e da duración do mantemento; como o impacto do avellentamento en dita actividade. Os resultados amosaron que a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral durante a codificación e recuperación é semellante, abranguendo dende procesos perceptivos ata procesos post-categorización do estímulo. Manipulacións da carga en memoria modularon a asignación de recursos de procesamento para procesos de avaliación e categorización dos estímulos, así como para procesos postcategorización. En tanto que as manipulacións da duración do mantemento, modularon os recursos de procesamento recrutados por procesos perceptivos e de avaliación estimular durante a recuperación. Pola súa parte, o mantemento de información caracterizouse por un aumento da inhibición en áreas cerebrais irrelevantes para a tarefa, concorrente cunha redución dependente da carga na inhibición en áreas relevantes. En canto ó avellentamento, existe unha diminución da velocidade en diferentes aspectos da avaliación estimular durante a codificación e a recuperación. Tamén se observou maior dependencia do recrutamento dos recursos de procesamento frontais en relación ós parietais nos maiores. Amais, durante o mantemento de información apreciouse unha ineficiente coordinación, asociada á idade, das redes neurais relevante e irrelevante para a tarefa, que se caracterizou por un déficit na inhibición da rede irrelevante para a tarefa, asociado co deterioro da execución condutual.