Xénero e mercado de traballo en Galicia: análise de equidade mediante indicadores sintéticos
O estudo das desigualdades de xénero constituíu un área de grande interese na análise económica nos últimos anos, polo que resultou necesario dispoñer de medidas que permitiran a súa cuantificación. De entre as múltiples posibilidades que existen, cómpre destacar a utilización de indicadores sintéti...
| Autores: | , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | artículo |
| Fecha de publicación: | 2011 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/19521 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/19521 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Sumario: | O estudo das desigualdades de xénero constituíu un área de grande interese na análise económica nos últimos anos, polo que resultou necesario dispoñer de medidas que permitiran a súa cuantificación. De entre as múltiples posibilidades que existen, cómpre destacar a utilización de indicadores sintéticos, xa que permiten considerar as diversas dimensións que subxacen tras o complexo concepto de equidade de xénero. Neste traballo centrámonos na medición do nivel de igualdade ou de desigualdade existente no mercado laboral en Galicia e en España mediante a obtención dun índice sintético –Gender Inequality in Labour Market (GILM)– que permite cuantificar as brechas entre xéneros, posibilitando unha comparativa temporal en ambas as dúas áreas xeográficas. Este indicador foi obtido para o período 2001-2010 seguindo as directrices metodolóxicas proporcionadas pola OCDE e polo JRC para a obtención de indicadores compostos, e a partir dos datos procedentes das principais fontes de información laboral existentes en Galicia e en España |
|---|