Gravados rupestres na Illa de Ons

[GA] Artigo dedicado ao estudio de tres petróglifos localizados na Illa de Ons, dentro do contexto dun proxecto de prospección arqueolóxica levado a cabo polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, actual Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). O proxecto, denominado “Estudio Arqueolóxico e Etnog...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Ballesteros-Arias, Paula, Seoane-Veiga, Yolanda
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2012
País:España
Institución:Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
Repositorio:DIGITAL.CSIC. Repositorio Institucional del CSIC
OAI Identifier:oai:digital.csic.es:10261/51071
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10261/51071
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Petróglifos
Petroglifos
Rock art
Illa de Ons
Isla de Ons
The Ons Island
Instituto de Ciencias do Patrimonio
Instituto de Ciencias del Patrimonio
Institute of Heritage Sciences
Patrimonio Cultural
Cultural Heritage
Incipit
Descripción
Sumario:[GA] Artigo dedicado ao estudio de tres petróglifos localizados na Illa de Ons, dentro do contexto dun proxecto de prospección arqueolóxica levado a cabo polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, actual Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). O proxecto, denominado “Estudio Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural do Parque Nacional de Illas Atlánticas”, foinos encargado pola dirección do Parque Nacional de Illas Atlánticas con fin de identificar e documentar o Patrimonio Cultural da illa, afondando desta maneira no coñecemento do espazo cultural a través da arqueoloxía, da etnografía e doutras disciplinas, buscando así recoñecer as diferentes etapas crono-culturais que deron lugar á configuración actual deste espazo tradicional. O plan de actuación proposto estivo constituído por unha serie de accións e actividades como foron os traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, consulta e baleirado cartográfico e bibliográfico, rexistro e documentación da arquitectura tradicional, inventario de toponimia, estudo histórico, e entrevistas etnográficas entre outras. Neste contexto localizáronse dous gravado en Chan da Pólvora e un terceiro na Laxe, no barrio de Caño.