A pegada educativa nos semanarios anarcosindicalistas galegos. Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936)

A investigación estuda a influencia educativa dos semanarios anarcosindicalistas galegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), co obxectivo de analizar o contido educativo destas publicacións. O estudo ten como propósito destacar a relevancia das prácticas e discurso...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Merayo Fernández, Inés
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/39704
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/39704
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Anarquismo
Educación Comunitaria
Memoria Colectiva
Prensa
Anarchism
Community Education
Collective Memory
Press
Descripción
Sumario:A investigación estuda a influencia educativa dos semanarios anarcosindicalistas galegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), co obxectivo de analizar o contido educativo destas publicacións. O estudo ten como propósito destacar a relevancia das prácticas e discursos educativos no contexto do movemento obreiro galego prefranquista, proporcionando unha perspectiva sobre o papel transformador da educación anarquista. A memoria histórica é esencial para preservar a identidade colectiva e recoñecer as loitas e prácticas educativas esquecidas do pasado. A metodoloxía empregada combina a análise histórico-educativa e a análise de contido dos mencionados semanarios. Este enfoque permitiu identificar e categorizar os temas educativos recorrentes, así como os valores promovidos polos xornais. Os resultados principais mostran que os semanarios non só proporcionaban información sobre educación regrada e popular, senón que tamén funcionaban como vehículos de emancipación social. Promovían un modelo educativo alternativo baseado na autoxestión, a formación integral das persoas e a transformación radical da sociedade. Este enfoque integrador e revolucionario destacaba pola súa capacidade de combinar a defensa de métodos pedagóxicos activos e libertarios cunha forte intención de cambio social. Ademais, a investigación subliña a capacidade do movemento anarcosindicalista galego para adaptarse e resistir ás circunstancias adversas, evidenciando a importancia da educación no proceso de emancipación obreira. Galicia, particularmente A Coruña, emerxe como un epicentro significativo de resistencia e innovación educativa obreira, desafiando a percepción estereotipada da rexión. A investigación conclúe que a visión educativa ácrata galega ofrece leccións valiosas sobre a educación como forza para o cambio social e a xustiza histórica, mantendo a súa relevancia e inspiración no contexto actual