Bailarinas de pés descalzos: proxecto expositivo sobre as pioneiras da danza moderna en España

[GAL] Bailarinas de pés descalzos, cuxo título fai referencia ao sobrenome co que Rubén Darío bautizou a Tórtola Valencia, é unha proposta de exposición itinerante que promove o papel das mulleres pioneiras da danza moderna en España. A danza moderna é un xénero que encarnou os ideais modernistas a...

Full description

Bibliographic Details
Author: Ferreiro López, Ana Belén
Format: master thesis
Publication Date:2024
Country:España
Institution:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repository:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Language:Galician
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/40143
Online Access:https://hdl.handle.net/10347/40143
Access Level:Open access
Keyword:Proxecto expositivo
Danza moderna temperá
Danza modernista
España
Bailarinas descalzas
Exhibition project
Early Modern Dance
Modernist Dance
Spain
Barefoot dancers
Proyecto expositivo
Danza moderna temprana
Description
Summary:[GAL] Bailarinas de pés descalzos, cuxo título fai referencia ao sobrenome co que Rubén Darío bautizou a Tórtola Valencia, é unha proposta de exposición itinerante que promove o papel das mulleres pioneiras da danza moderna en España. A danza moderna é un xénero que encarnou os ideais modernistas a finais do século XIX e principios do XX, cuxas artistas desafiaron a artificialidade do ballet clásico, que dominaba a escena occidental nese tempo. Contrariamente, buscaban un movemento “natural” e “libre” co que alcanzar a liberdade da mente a través da liberdade do corpo. Así, as representantes deste xénero de danza convertéronse en símbolos estéticos e sociais de cambio, en consonancia cos movementos feministas da época. A exposición ofrecerá diferentes escenarios combinando elementos tradicionais (fotografías, carteis, vestiario, etc) e recursos audiovisuais, para dar a coñecer as achegas de personalidades como Tórtola Valencia, Àurea de Sarrà ou Charito Delhor. Conxuntamente, ofertará visitas guiadas e actividades complementarias nas que os visitantes poderán experimentar a danza mediante diferentes propostas dancísticas e musicais. O obxectivo principal do proxecto reside en reivindicar o papel destas mulleres que foron pioneiras no cambio de concepción da danza en España. Outros obxectivos son: divulgar a historia de bailarinas e coreógrafas; promover a danza contemporánea; achegar as artes escénicas como alternativa cultural e de lecer; dar a coñecer a vida da muller no cambio de século e loitar contra o estereotipo da muller na danza como obxecto de entretemento.