A Realidade Virtual como recurso didáctico na Formación Profesional: unha revisión sistemática

Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten coma finalidade analizar a evidencia científica dispoñible sobre o uso da Realidade Virtual (RV) como recurso didáctico na Formación Profesional (FP). Con este propósito, realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos Web of Science, ERIC, Scopus e Dial...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Rúa García, Alba
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/45377
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/45377
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Realidade virtual
Formación Profesional
Aprendizaxe baseada en competencias
Revisión sistemática
Innovación educativa
Realidad virtual
Aprendizaje basado en competencias
Virtual reality
Vocational Training
Competency-based learning
Systematic review
Educational innovation
Descripción
Sumario:Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten coma finalidade analizar a evidencia científica dispoñible sobre o uso da Realidade Virtual (RV) como recurso didáctico na Formación Profesional (FP). Con este propósito, realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos Web of Science, ERIC, Scopus e Dialnet Plus, seguindo a declaración PRISMA. Incluíronse investigacións empíricas, cualitativas, cuantitativas ou mixtas; de corte transversal ou lonxitudinal, publicadas en revistas científicas e conferencias dende o ano 2015 ó 2024, dispoñibles en inglés, español, francés ou portugués. Un total de 29 artigos foron seleccionados e analizados mostrando un impacto positivo da RV na aprendizaxe, mellorando coñecementos, habilidades e actitudes fronte ás metodoloxías tradicionais. A versión inmersiva mostra mellores resultados, aínda que con evidencia limitada e, tanto profesorado como alumnado valoran positivamente esta ferramenta para o ensino e a avaliación, malia presentar certos retos técnicos. Tras este TFM conclúese que a RV favorece unha aprendizaxe máis significativa e motivadora. As súas características e a percepción positiva de alumnado e profesorado convértena nun recurso didáctico complementario á formación tradicional na FP