Diatopía, variabilidade e sinonimia en fraseoloxía
O obxectivo deste traballo é analizar a posición que ocupan as unidades fraseolóxicas rexionais (UFReg) dentro do sistema fraseolóxico, partindo das UFReg que contén o Dizionario di Fraseologia dell’Italiano Regionale (DFIR), que recolle os xeofraseoloxismos presentes nun amplo corpus de dicionarios...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de documento: | artigo |
| Estado: | Versión aceptada para publicación |
| Data de publicação: | 2013 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Sevilla (US) |
| Repositório: | idUS. Depósito de Investigación de la Universidad de Sevilla |
| OAI Identifier: | oai:idus.us.es:11441/39064 |
| Acesso em linha: | http://hdl.handle.net/11441/39064 |
| Access Level: | Acceso aberto |
| Palavra-chave: | fraseoloxía rexional variación diatópica sinonimia fraseolóxica Regional phraseology diatopical variation phraseological synonymy |
| Resumo: | O obxectivo deste traballo é analizar a posición que ocupan as unidades fraseolóxicas rexionais (UFReg) dentro do sistema fraseolóxico, partindo das UFReg que contén o Dizionario di Fraseologia dell’Italiano Regionale (DFIR), que recolle os xeofraseoloxismos presentes nun amplo corpus de dicionarios de italiano. Para isto, faise unha breve presentación do tratamento das variantes diatópicas nos diversos estudos fraseolóxicos. A continuación, pásase a avaliar os diferentes criterios utilizados para establecer as sutís diferenzas entre os conceptos de variante en sentido estrito e variante en sentido amplo, e as diferenzas entre variante e sinónimo en fraseoloxía, así como a validez destes criterios ao se aplicaren a un corpus concreto de fraseoloxismos marcados diatopicamente. O resultado é a configuración dun sistema cuatripartito no que as UFReg desempeñan a función de variantes ou sinónimos non só respecto ás UF da lingua estándar (UFSt), senón tamén en relación a outras UFReg pertencentes a outras variedades diatópicas da mesma lingua. Finalmente, proponse unha diferenciación terminolóxica que dea conta de todas as relacións posibles entre as UFReg e as UFSt |
|---|