Caboverdianas en Burela (1978/2008): migración, relacións de xénero e intervención social

O punto de partida desta investigación sobre as mulleres caboverdianas de Burela foi un proceso de intervención social coa comunidade da que fan parte, no que a autora participou como coordinadora (1998/2001). As características metodolóxicas desa intervención, entendida como proceso dialéctico, par...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Oca González, Luzia
Tipo de documento: tese
Data de publicação:2014
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositório:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:galego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9804
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/9804
Access Level:Acceso aberto
Palavra-chave:Materias::Investigación::72 Filosofía::7207 Filosofía social::720701 Filosofía de la cultura
Descrição
Resumo:O punto de partida desta investigación sobre as mulleres caboverdianas de Burela foi un proceso de intervención social coa comunidade da que fan parte, no que a autora participou como coordinadora (1998/2001). As características metodolóxicas desa intervención, entendida como proceso dialéctico, participativo e empoderador, provocaron unha serie de mudanzas na vida destas mulleres, partindo do papel central que exercían, tanto nos grupos domésticos como na comunidade, debido á ausencia periódica dos seus maridos, dedicados á pesca de altura. A partir deste enfoque aplicado inicial, a investigación céntrase nas relacións de xénero que estruturan as súas vidas na costa de Lugo, tomando como referencia tanto a súa configuración histórica e cultural na sociedade de orixe como as transformacións que se producen no contexto migratorio. Tomando como base as teorías que consideran o xénero como un elemento estruturante dos procesos migratorios, caracterizado pola súa plasticidade e fluidez na adaptación aos diversos contextos, realízase unha análise das transformacións das relacións de xénero no seo da comunidade caboverdiana, tendo en conta a existencia de dous grupos diferenciados: o das mulleres que migraron anteriormente a 1998 e o das que o fixeron no século XXI.