Genomics of Resistance to the Parasite Bonamia ostreae in the European Flat Oyster Ostrea edulis
A ostra plana europea (Ostrea edulis) é unha especie de gran relevancia ecolóxica, económica e cultural, cuxo papel como enxeñeira ecosistémica a converte nun compoñente clave dos ecosistemas costeiros europeos. Porén, as poboacións naturais sufriron un acusado declive ao longo do último século debi...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | inglés |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/45444 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/45444 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Ostrea edulis Bonamia ostreae Inversions Resistance 240903 Genética de poblaciones 251092 Acuicultura marina 310903 Inmunología |
| Sumario: | A ostra plana europea (Ostrea edulis) é unha especie de gran relevancia ecolóxica, económica e cultural, cuxo papel como enxeñeira ecosistémica a converte nun compoñente clave dos ecosistemas costeiros europeos. Porén, as poboacións naturais sufriron un acusado declive ao longo do último século debido á sobreexplotación, á degradación do hábitat e, especialmente, á aparición da bonamiose, unha enfermidade causada polo protozoo intracelular Bonamia ostreae. Esta enfermidade provoca elevadas mortalidades nas ostras adultas e constitúe un dos principais obstáculos para a recuperación dos bancos naturais e o desenvolvemento de programas de repoboación. Neste contexto, resulta esencial comprender a base xenética da resistencia e desenvolver ferramentas de selección que permitan producir semente tolerante ou resistente. Nesta tese adoptouse un enfoque multidisciplinar, integrando xenómica de poboacións, estudos de estrutura cromosómica e transcriptómica, co obxectivo de desentrañar os mecanismos xenéticos e moleculares que subxacen á resistencia a B. ostreae. |
|---|