Marxinalismo e racionalidade en Economía
Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona. Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante o marxinalismo sen especific...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/14846 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/14846 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5308 Economía general::530801 Metodología económica Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5308 Economía general::530803 Historia del pensamiento económico |
| Sumario: | Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona. Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é posible integrar e polos motivos desa selectividade. Analízase a capacidade para incorporar factores non hedónicos a modelos condutuais e as consecuencias analíticas da súa non integración. Atópase que non tódolos factores psicolóxicos son integrables nos modelos condutuais. Como consecuencia vese afectada a capacidade explicativa dos propios modelos e o xeito no que deben ser lidos. Para comprobar a importancia dos factores non hedónicos recórrese a conceptos (o de empurrón ou “nudge”) e metodoloxías alternativas (a da aleatorización) que, podendo integrar os factores que non é quen de asimilar o marxinalismo, testemuñan as consecuencias desa taxatividade. Conclúese sobre a necesidade dunha pluralidade de métodos e de conceptos de acordo con Nancy Cartwright para quen, nas Ciencias Sociais, non existe unha metodoloxía que poida ser identificada como un “Gold Standard” subliñando ademais a vaidade resultante do excesivo rigor académico sostido polos defensores dunha única forma de facer Economía. |
|---|