Material de formación para pacientes e cidadanía en avaliación de tecnoloxías sanitarias

A Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (ETS, do castelán Evaluación de Tecnologías Sanitarias) é a avaliación sistemática da eficacia, seguridade, custo-efectividade, e aqueles aspectos relevantes desde o punto de vista social e ético dunha tecnoloxía sanitaria para os pacientes, cidadanía e para o...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Vicente Edo, María José, Gavín Benavent, Patricia, Cantero Muñoz, Paula, Reviriego-Rodrigo, Eva, Toledo Chávarri, Ana, Triñanes Pego, Yolanda
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2021
País:España
Institución:Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Repositorio:RUNA. Repositorio da Consellería de Sanidade e Sergas
OAI Identifier:oai:runa.sergas.gal:20.500.11940/15202
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/20.500.11940/15202
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Qualitative Research
Technology Assessment, Biomedical
investigación cualitativa
evaluación de tecnologías biomédicas
Avalia-t
Descripción
Sumario:A Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (ETS, do castelán Evaluación de Tecnologías Sanitarias) é a avaliación sistemática da eficacia, seguridade, custo-efectividade, e aqueles aspectos relevantes desde o punto de vista social e ético dunha tecnoloxía sanitaria para os pacientes, cidadanía e para o sistema sanitario. Enténdese por tecnoloxía sanitaria calquera intervención que poida ser empregada para promover a saúde, previr, diagnosticar ou tratar enfermidades, ou para a rehabilitación ou os coidados a longo prazo. Por tanto, poden ser consideradas tecnoloxías sanitarias intervencións como programas educativos, técnicas diagnósticas, vacinas, fármacos, programas de cribado, dispositivos ou a organización dos servizos nos sistemas sanitarios. A implicación dos pacientes e a cidadanía na ETS é importante debido a que os pacientes teñen a experiencia única de convivir coas enfermidades e coñecen o impacto destas na súa calidade de vida. Poden achegar as súas preferencias, necesidades e colaborar na detección de tecnoloxías e na súa avaliación. Ademais, poden participar como pacientes individuais ou como representante de asociacións de pacientes coa enfermidade ou problema de saúde obxecto de estudo, e tamén poden participar coidadores ou familiares. A través desta participación espérase que os pacientes e a cidadanía contribúan na análise do impacto das tecnoloxías sanitarias. Estes materiais foron elaborados para formar a pacientes e cidadanía para participar nos procesos de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. No desenvolvemento destes materiais, participaron persoas das axencias e unidades da RedETS, en colaboración con asociacións de pacientes e cidadanía de maneira individual.