Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego
Na investigación que presentamos neste artigo utilizamos por primeira vez en Galicia como instrumento de medición un Test de Actitudes Implícitas (TAI), aplicado a dúas variedades lingüísticas: o galego tradicional e o español de Galicia. Co fin de contrastar en que medida as actitudes implícitas co...
| Autores: | , , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | artículo |
| Estado: | Versión publicada |
| Fecha de publicación: | 2024 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Salamanca (USAL) |
| Repositorio: | GREDOS. Repositorio Institucional de la Universidad de Salamanca |
| OAI Identifier: | oai:gredos.usal.es:10366/160747 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10366/160747 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | implicit and explicit attitudes traditional Galician Galician Spanish bilingualism. actitudes implícitas e explícitas galego tradicional español de Galicia bilingüismo 5701.03 Bilingüismo |
| Sumario: | Na investigación que presentamos neste artigo utilizamos por primeira vez en Galicia como instrumento de medición un Test de Actitudes Implícitas (TAI), aplicado a dúas variedades lingüísticas: o galego tradicional e o español de Galicia. Co fin de contrastar en que medida as actitudes implícitas coinciden co nivel explícito, acudimos á triangulación metodolóxica e, nunha segunda fase, levamos a cabo catro entrevistas semidirixidas e un grupo de discusión, con seis participantes, escollidos en función do nesgo obtido no TAI. Os resultados indican que as actitudes implícitas son menos homoxéneas que as explícitas e que, en consecuencia, as linguas en Galicia continúan a presentar un claro valor indexical. Ademais, as variables que correlacionan significativamente co nesgo do TAI son case todas de tipo lingüístico, destacando a lingua familiar e a lingua usada en diferentes contextos da vida cotiá. Isto permítenos confirmar a relación existente entre as actitudes cara ás linguas e o uso lingüístico. No nivel explícito, o discurso revélase bastante homoxéneo, favorable en xeral ao galego, pero pouco elaborado. Porén, si detectamos o mantemento de certos prexuízos entre os castelanfalantes, prexuízos que os galegofalantes non son quen de desmontar, situándose no mesmo marco que aqueles establecen. |
|---|