Modelado off-line da calidade do aire a escalas rexional e continental
A contaminación atmosférica, en tódalas súas dimensións, é un dos principais problemas a enfrontar na actualidade, en especial en zonas de alta densidade de poboación. O alto número de substancias implicadas e o dinamismo do sistema atmosférico fan que do estudio dos episodios de contaminación unha...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/14682 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/14682 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2501 Ciencias de la atmósfera::250106 Dinámica atmosférica Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2509 Metereología::250902 Contaminación atmosférica Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2509 Metereología::250909 Predicción numérica meteorológica |
| Sumario: | A contaminación atmosférica, en tódalas súas dimensións, é un dos principais problemas a enfrontar na actualidade, en especial en zonas de alta densidade de poboación. O alto número de substancias implicadas e o dinamismo do sistema atmosférico fan que do estudio dos episodios de contaminación unha tarefa de gran complexidade. Máis aló, a atmosfera é un medio propicio para o desenvolvemento de reaccións químicas que poden xerar novos contaminantes a partir dos xa emitidos. Un dos procesos máis representativos é o que da lugar á aparición de ozono troposférico, unha substancia altamente oxidante con gran capacidade para afectar a persoas, animais, plantas e obxectos. Ademais, no medio propicio para a súa formación adoita haber unha mistura de substancias nocivas denominada smog fotoquímico. O interese en coñecer as causas destes episodios de alta concentración de contaminante, que axude a predicir ocorrencias futuras, levou ao estudo e desenvolvemento dos modelos atmosféricos. Neste senso, os primeiros traballos enfocáronse na predición meteorolóxica, modelando os procesos físicos que se producen na atmosfera para obter así un coñecemento exhaustivo da formación e evolución dos fenómenos meteorolóxicos. Aínda que o desenvolvemento destes modelos non estivo carente de dificultades, na actualidade son coñecidos os límites do seu funcionamento, o que achanza o camiño da investigación na busca de melloras. |
|---|