| Sumario: | [GL] No presente traballo explorarase a potencial validez da tradución como recurso didáctico para a aprendizaxe integrada de linguas ambientais e estranxeiras. Sobre a base de fontes bibliográficas de diversa índole, abordarase un percorrido pola historia da tradución e a súa vinculación coa didáctica das linguas e desenvolverase un marco teórico que sirva como fundamento metodolóxico para o deseño e aplicación dunha proposta didáctica, coa tradución audiovisual como recurso central, destinada a aplicarse nun curso de educación secundaria. Cos obxectivos primordiais de incidir na motivación do alumnado e de contribuír á integración do proceso formativo en linguas, a observación do desenvolvemento da intervención e as valoracións e resultados obtidos ao seu remate achegarannos información acerca do grao de consecución destes obxectivos e do potencial da proposta para contribuír ao tratamento efectivo dos contidos e competencias que se fixou como propósito estimular. Esta información permitirá, así mesmo, tirar conclusións acerca da potencial validez da tradución como recurso didáctico no marco do contexto educativo actual.
|