Reflexións ao redor do encontro entre a masonería e os movementos revolucionarios

Aínda que a historiografía española universitaria que se dedicou e se dedica ao estudo da masonería non carece de bos exemplos de bo facer metodolóxico e discursivo, por desgraza tamén posúe excesivos exemplos de todo o contrario. Por iso xulgo necesario iniciar este discurso cunha breve análise da...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Valín Fernández, Alberto
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2008
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:español
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/13665
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/13665
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporánea
Descripción
Sumario:Aínda que a historiografía española universitaria que se dedicou e se dedica ao estudo da masonería non carece de bos exemplos de bo facer metodolóxico e discursivo, por desgraza tamén posúe excesivos exemplos de todo o contrario. Por iso xulgo necesario iniciar este discurso cunha breve análise da situación que, desde hai máis dun cuarto de século, se vén dando nos ambientes masonolóxicos españois. Espero que todo isto que a continuación ofrezo aos lectores provoque, sobre todo na reducida comunidade científica española ou hispanista da chamada masonoloxía —ou ata nos masonólogos que, como Luis P. Martín, non se senten incluídos por ese novo vocábulo acuñado por Alec Mellor—, o correspondente debate que, infrutuosa e reiteradamente, veño buscando, desde 1989, co san propósito de facer madurar dalgún xeito os discursos de tantos historiadores que comparten comigo a mesma liña de investigación e que, en demasiadas ocasións, nos regalaron e seguen regalando coa súa pertinaz desidia ou cos seus torpes e parciais discursos. Uns coas súas contumaces e obcecadas posturas persoais, intentando converter febles hipóteses de traballo en pontificais sentenzas como, verbigracia, a completamente insostible teoría historiográfica sobre o apoliticismo da masonería histórica española sostida por José Antonio Ferrer Benimeli.