Cinética de reaccións complexas e mecanismos de reacción

A materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia a...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Al-Soufi, Wajih, Novo, Mercedes
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2013
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9969
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/9969
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Cinética Química
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Materias::Investigación::22 Física::2210 Química física::221003 Cinética química
Materias::Investigación::22 Física::2213 Termodinámica::221305 Teoría cinética
Descripción
Sumario:A materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia aborda os sistemas en cambio debido a reaccións químicas, polo que é complementaria da materia Termodinámica Aplicada impartida no primeiro cuadrimestre do mesmo curso, que estuda o comportamento fisicoquímico dos sistemas en equilibrio. A materia encádrase no módulo 4 do plan de estudos da titulación, denominado Materias específicas de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, e relaciónase con varias materias obrigatorias do módulo 3 (Tecnoloxía específica - Química Industrial) e en especial con Enxeñaría da Reacción Química, na que se aplican os conceptos de Cinética Química ás reaccións a nivel industrial. Unha vez estudada a cinética de reaccións simples, esta unidade didáctica dedícase ás reaccións complexas, que están compostas por varias etapas simples cuxo conxunto é o mecanismo de reacción. Xa que logo, con esta segunda unidade didáctica complétase a visión xeral da cinética das reaccións químicas e o seu estudo experimental. As unidades didácticas que se imparten despois abordan aspectos máis específicos como a cinética de certos tipos de reaccións químicas de interese industrial ou a catálise.