De fidalgos a notábeis. Paradoxos entre a propiedade da terra e a representación política

Esta tese presenta unha investigación das elites da provincia de Pontevedra nun contexto temporal de fractura: o tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo. Un estudo de caso que se insire dentro do debate historiográfico sobre a continuidade ou ruptura no cambio histórico. Empiricamente, trata de con...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Rosende González, Silvia
Formato: tesis doctoral
Fecha de publicación:2022
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/27707
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/27707
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:Materias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporánea
Materias::Investigación::55 Historia::5503 Historia de países::550302 Historia regional
Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550620 Historia de las ideas políticas
Descrição
Resumo:Esta tese presenta unha investigación das elites da provincia de Pontevedra nun contexto temporal de fractura: o tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo. Un estudo de caso que se insire dentro do debate historiográfico sobre a continuidade ou ruptura no cambio histórico. Empiricamente, trata de contribuír no coñecemento das bases sociais que instituíron o Estado liberal. Con este propósito, realizouse un seguimento de tres familias fidalgas da provincia, dende a súa aparición no Antigo Réxime, até a súa transformación social no liberalismo. Os López- Ballesteros de Vilagarcía, os Varela de Moraña, e os Espinosa de Silleda debuxan o perfil daquela fidalguía galega que secundou o liberalismo moderado isabelino. Malia partir cun estatus nobiliario menor, estas familias gozaron dunha elevada posición dentro da elite provincial, contando ademais con algún cabezaleiro de gran ascendente persoal. Entre dúas xeracións quedará patente a viraxe política e ideolóxica, así coma o terremoto social da fin do privilexio. Estes aspectos en mudanza deixarán nun segundo plano a tradicional dedicación ao seu dominio territorial, para buscar o seu porvir na representación política e na función pública. Na sociedade de notábeis atoparanse algunhas das chaves para entender os procesos abertos no longo século XIX, entre eles, a estruturación clientelar do poder político, e o devalar da fidalguía galega coma tal.