| Sumario: | Neste traballo demóstrase que os cancellos galegos de máis de 20.000 habitantes realizan políticas electoralistas, xa que programan os seus gastos e ingresos tendo en canta a data das eleccións. Aínda que os indicios que aparecen son de pouca entidade, entendemos que se presenta na maioría dos cancellos. Nunha primeira parte, buscamos o modelo que nos serviría de referencia para analiza-los orzamentos das facendas locais galegas. Na segunda, mostramos un breve panorama dos sucesos políticos que ocorreron en España nestes anos. Finalmente, analizamos dous índices: o esforzos, ou diferencia entre o déficit e o superávit dun ano e o anterior, e o esforzo, ou incremento dos ingresos e dos gastos totais con respecto ó ano anterior. Ademais, a diferencia e as porcentaxes de incremento dos orzamentos liquidados e os preventivos
|