| Sumario: | Analizase a teoría do crecemento propugnada polos economistas clásicos. Demóstrase que é unha teoría de crecemento endóxeno e que, unha vez que a análise do crecemento se illa da escaseza de terra, pode xerar un crecemento continuo. A continuación, esta teoría é comparada con algúns dos recentes modelos de crecemento endóxeno, e demóstrase que estes pertencen con toda seguridade á mesma tradición. En especial, a taxa de beneficio non se determina sobre a demanda e oferta de capital, como no caso dos modelos neoclásicos, senón que se fai eliminando "traballo" do cadro en cuestión e poñendo no seu lugar "capital humano"ou "coñecemento"; é dicir, algo que o século vinte pode aceptar como un factor de producción producible (e acumulativo). De feilo, a asunción clásica dun índice de salarios real "dado", non é máis ca un modo de considera-lo traballo como un factor producible
|