Educación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transition

Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Pardellas Santiago, Miguel
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2016
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/14758
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/14758
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativas
Materias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580202 Organización y dirección de las instituciones educativas
Descripción
Sumario:Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente. O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer agromar unha incipiente fornada de novísimos movementos socias. O movemento en transición –cara a un mundo sen petróleo– é un deles, conformando un modelo de actuación competente na xeración de comunidades resilientes; isto é, capaces de reaccionar e adaptarse cos seus propio medios a condicións adversas. Porén, o carácter arquetípico da transición contrasta coa pouca atención que recibe a dimensión educativa na súa proposta e a manifesta nula vinculación co campo da Educación Ambiental. Co obxectivo de valorar o potencial do modelo da transición, desenvolveuse un estudo de caso múltiple no que comparar as iniciativas postas en marcha nas Universidades de Santiago de Compostela, Edimburgo e Minho. Deste xeito, a investigación articulouse ao redor dos elementos que caracterizaran estas experiencias pioneiras como procesos de transición, procesos participativos e procesos educativos. Como resultado da análise, o que fraguou como sospeita deu lugar á evidencia: os procesos de ambientalización universitarios están sometidos a un “teito de cristal” que impide cambios estruturais en clave de sustentabilidade. As tres iniciativas en transición estudadas non foron quen de xerar cambios integrais nas dinámicas das súas respectivas Universidades. A debilidade na formulación do modelo educativo do movemento en transición, non consta como un elemento determinante no fracaso relativo, mais si pode ser un factor a ter en conta. Neste proceso de desexar maiores acertos, a Educación Ambiental debe facer valer a súa traxectoria.