A segregación escolar e a atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante Unha revisión sistemática da cuestión en España

A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás polí...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Vinseiro Ríos, Ángela
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/45370
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/45370
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Segregación escolar
Inmigración
Sistema educativo
Integración escolar
España
School segregation
Immigration
Education system
School integration
Spain
Descripción
Sumario:A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás políticas educativas que os regulan. De aí que o obxectivo deste traballo céntrese en explorar e sintetizar criticamente a literatura científica sobre este fenómeno no sistema educativo español non universitario. Para iso, empregouse unha metodoloxía de revisión sistemática seguindo as recomendacións do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta Analyses), que nos permitiu seleccionar 14 estudos nas bases de datos Dialnet, Scopus e Web of Science. Os resultados revelan, en primeiro lugar, unha tendencia xeral de diminución da segregación dende comezos do século, mais persisten niveis moderados cunha forte asimetría territorial que se intensifica cando se toma en consideración outros factores de vulnerabilidade. En segundo lugar, amósase que este fenómeno non pode ser explicado por un único mecanismo causal, senón pola interacción de factores contextuais, institucionais e socioculturais. Asemade, os achados constatan que este tipo de segregación ten efectos perniciosos sobre as traxectorias educativas do alumnado, tanto nativo coma non nativo, ao tempo que mingua as posibilidades dunha sociedade igualitaria e cohesionada. Finalmente, identifícanse propostas co fin de atenuar a situación que van dende a reformulación das políticas de admisión até medidas dirixidas aos propios centros, así como o reforzo do papel das autoridades locais para que poidan xestionar a situación dende a perspectiva micro, o que evidencia a necesidade de coordinación entre todos os actores implicados