Apoderando a sexualidade femenina: Proxecto de educación sexual para mulleres maiores
Antecedentes A sexualidade correspóndese cun aspecto biopsicosocial que acompaña aos seres humanos durante todas as súas etapas vitais, sendo un indicador de calidade de vida para as persoas maiores. No proceso de envellecemento experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos, funcionais, psicolóx...
| Autor: | |
|---|---|
| Formato: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2024 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/38333 |
| Acesso em linha: | https://hdl.handle.net/10347/38333 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palavra-chave: | Persoas Maiores Sexualidade Feminina Educación Sexual Estereotipos Idadismo Personas Mayores Sexualidad Femenina Edadismo Old People Female Sexuality Sex Education Stereotypes Ageism 320107 Geriatría |
| Resumo: | Antecedentes A sexualidade correspóndese cun aspecto biopsicosocial que acompaña aos seres humanos durante todas as súas etapas vitais, sendo un indicador de calidade de vida para as persoas maiores. No proceso de envellecemento experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos, funcionais, psicolóxicos, sociais, económicos... que poden producir alteracións á hora de vivir a sexualidade. Ademais dos cambios mencionados, outro factor que inflúe en gran medida na sexualidade das persoas maiores, con maior énfase nas mulleres, é a existencia de prexuízos e estereotipos sociais. A consecuencia disto é que as persoas maiores sintan culpa ou vergoña se manteñen actividades ou intereses sexuais, afastándose cada vez máis da sexualidade provocando a aparición de dificultades na súa saúde tanto física como mental. Obxectivos O obxectivo xeral deste proxecto correspóndese con ofrecer coñecemento sobre a sexualidade a mulleres maiores de 65 anos habitantes do rural da provincia de A Coruña. Para isto, establecemos unha serie de obxectivos específicos centrados en: reducir os prexuízos e estereotipos sobre a sexualidade feminina na terceira idade; aumentar o autocoñecemento e a autoestima das mulleres participantes; facilitar o acceso das mulleres usuarias do proxecto a servizos e recursos da comunidade; mitigar o sentimento de culpa e vergoña das mulleres participantes en canto á sexualidade e por último, proporcionar un espazo seguro no que crear unha rede de apoio entre as mulleres participantes e fomenten a socialización e a axuda mutua. Metodoloxía Para alcanzar estes obxectivos, levarase a cabo un proxecto de intervención dividido en seis sesións a través das cales se abordarán temáticas como os cambios fisiolóxicos do envellecemento, os mitos e estereotipos sociais, o sentimento de culpa, etc. De maneira simultánea, propoñemos a utilización dunha técnica de investigación cualitativa, a ‘’Fotovoz’’, coa finalidade de afondar e mostrar á sociedade como afectan os estereotipos na autoestima, na corporalidade positiva e no autocoñecemento das mulleres maiores dende o empoderamento das mesmas. |
|---|