Recintos Fortificados en Altura na costa atlántica galega. Estudo Arqueolóxico

Na costa atlántica da Galiza, no noroeste da Península Ibérica, existe unha concentración de xacementos fortificados con características similares entre eles, que non poden ser clasificados nin coma castros, entendidos estes como poboados da Idade do Ferro, nin coma castelos da Plena ou Baixa Idade...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Fernández Pereiro, Mario
Formato: tesis doctoral
Fecha de publicación:2019
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/18729
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/18729
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:Materias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550501 Arqueología
Descrição
Resumo:Na costa atlántica da Galiza, no noroeste da Península Ibérica, existe unha concentración de xacementos fortificados con características similares entre eles, que non poden ser clasificados nin coma castros, entendidos estes como poboados da Idade do Ferro, nin coma castelos da Plena ou Baixa Idade Media, e que habitualmente foron datados entre os séc. V-X e.c. Estes xacementos apenas coñecen estudos arqueolóxicos en profundidade, polo tanto, os datos existentes sobre eles son parciais ou nulos. O presente estudo escolle unha pequena mostra destes xacementos para tentar clarificar datos até o de agora descoñecidos, como as súas cronoloxía de ocupación e a súa funcionalidade ou o seu contexto social. Este achegamento, ao contrario que os anteriores, basease nunha metodoloxía principalmente arqueolóxica, sendo empregadas técnicas de teledetección, prospección en campo, estudo de materiais i escavación arqueolóxica. En base a estas técnicas, foi posíbel analizar cada asentamento dende un punto de vista da Arqueoloxía da Arquitectura coma dende a Arqueoloxía da Paisaxe. Os resultados desta investigación permiten identificar esta tipoloxía de asentamentos fortificados e acoutar os seus momentos de ocupación, para o noroeste peninsular, nos séc. V e VIII-IX e.c., relacionándoos cos momentos de transición existentes entre a desaparición dunha estrutura de poder estatal previa e a configuración e consolidación da seguinte.