Arte Tardoantiga e Altomedieval na Gallaecia entre Iria Flavia e Tui (ss. IV-IX)

Este traballo é unha viaxe pola Galicia altomedieval, ao longo da vía XIX do Itinerario Antonino, entre as antigas dioceses de Iria Flavia e Tui, para reunir diversas manifestacións artísticas, principalmente capiteis e outras pezas escultóricas, datadas entre os séculos IV e IX d.C. e estudalas den...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Torre Llorca, María Jesús de la
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2021
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/26060
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/26060
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte
Materias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550501 Arqueología
Materias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550403 Historia medieval
Descripción
Sumario:Este traballo é unha viaxe pola Galicia altomedieval, ao longo da vía XIX do Itinerario Antonino, entre as antigas dioceses de Iria Flavia e Tui, para reunir diversas manifestacións artísticas, principalmente capiteis e outras pezas escultóricas, datadas entre os séculos IV e IX d.C. e estudalas dende a Historia da Arte e a Arqueoloxía. Historiograficamente, algunhas destas manifestacións artísticas foron consideradas como tardoantigas, suevas ou visigodas. O noso estudo fai unha revisión desas investigacións e, utilizando as propias pezas como “pezas diana”, inicia unha busca de paralelos contextualizados afíns en rasgos técnicos e morfolóxicos. Para iso, primeiro localizamos e examinamos os situs de onde procederon as pezas. Todos, a excepción de un, están relacionados con edificios cultuais relixiosos próximos á vía estudada. Posteriormente, realizamos unha análise individualizada de cada unha das pezas, extraendo as súas particularidades concretas, que son contrastadas coas pezas de outras áreas, sobre todo do norte de Portugal e lugares limítrofes da Galicia actual. O contraste condúcenos a varios resultados, como que moitas das pezas posiblemente pertenzan a etapas posteriores ás contempladas pola historiografía, que na Galicia altomedieval actuaron importantes talleres escultóricos que expandiron os seus modelos polas vías de comunicación do momento, ou que moitos sistemas decorativos e programas iconográficos se mantiveron durante centurias.