Comparación do nicho realizado das diferentes poboacións coñecidas de vespa velutina (Himenoptera, Vespidae) e predición do risco de invasión en Europa
As especies invasoras son, actualmente, un grave problema tanto medioambiental como económico e social. Este é o caso de Vespa velutina (Lepeletier, 1836), un membro da familia Vespidae actualmente invasor en Europa, Corea e o Xapón. Os perniciosos impactos que produce nas áreas invadidas inducen a...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/40603 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/40603 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Especie Invasora Vespa Velutina Nicho ecolóxico |
| Sumario: | As especies invasoras son, actualmente, un grave problema tanto medioambiental como económico e social. Este é o caso de Vespa velutina (Lepeletier, 1836), un membro da familia Vespidae actualmente invasor en Europa, Corea e o Xapón. Os perniciosos impactos que produce nas áreas invadidas inducen a necesidade de predicir o futuro alcance da súa invasión, para o cal é necesario coñecer previamente o seu nicho ecolóxico. O obxectivo deste traballo é, polo tanto, caracterizar e comparar o nicho ecolóxico realizado tanto dentro da área nativa como invadida tendo en conta as condicións climáticas en ambas áreas. Isto permite coñecer se o nicho realizado, estimado a partir da distribución xeográfica da especie, pode ser utilizado como substituto do nicho fundamental. Esta relación entre o nicho realizado e o fundamental é clave para determinar a fiabilidade dos modelos de distribución da especie baseados no nicho realizado empregados neste traballo e, para estimar o risco de invasión. Mediante a realización dunha Análise de Compoñentes Principais (Principal Component Analysis, PCA) foi posible caracterizar o nicho en base a catro variables principais: a precipitación do trimestre máis húmido, a temperatura media do trimestre máis frío, a estacionalidade da precipitación e a temperatura media do trimestre máis húmido. Nesta análise foron detectadas diferenzas entre os rangos climáticos correspondentes á poboación nativa e a europea, feito que suxire que o nicho ecolóxico da área nativa non comprende o fundamental da especie. A análise, mediante a metodoloxía de humboldt, que incorpora a área climática accesible de cada rexión, corrobora estas diferenzas e mostra que están relacionadas co feito de que a maior parte das presenzas en Europa ocupan un espazo climático inexistente en Asia. Estes resultados son apoiados polo cálculo do hipervolume do nicho climático, en catro dimensións, de cada unha das poboacións, que indica que existe un segmento do espazo climático europeo fóra do ocupado pola poboación nativa. Usando os valores para os catro Compoñentes Principais para predicir a distribución potencial de V. velutina en Europa mediante a proxección xeográfica do nicho realizado, observamos unha moi probable futura expansión polo oeste europeo e a maior parte das costas de Europa. Non obstante, estas predicións deben ser consideradas estimacións conservadoras, xa que os resultados anteriores mostran que é posible que o nicho fundamental teña unha amplitude que o nicho que é posible estimar nestes momentos mediante as presenzas coñecidas tanto na área nativa como invadida. Así, este traballo permitiu identificar, segundo os datos dispoñibles, as zonas de Europa máis susceptibles de ser invadidas pola avespa asiática, á vez que evidencia a necesidade de incrementar o coñecemento sobre o nicho fundamental da especie para poder realizar predicións máis precisas do risco de invasión. |
|---|