Estudio sobre el empleo de macroalgas marinas como suplemento de minerales en vacuno de leche en régimen ecológico

A produción ecolóxica é un sistema global de xestión das explotacións agrícolas e de produción de alimentos que combina as mellores prácticas ambientais, un alto nivel de biodiversidade, a conservación dos recursos naturais, así como a promoción do desenvolvemento rural, a aplicación de normas de be...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Rey Crespo, Francisco
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2015
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:español
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/12106
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/12106
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310404 Cuidado y Explotación
Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3109 Ciencias veterinarias::310906 Nutrición
Descripción
Sumario:A produción ecolóxica é un sistema global de xestión das explotacións agrícolas e de produción de alimentos que combina as mellores prácticas ambientais, un alto nivel de biodiversidade, a conservación dos recursos naturais, así como a promoción do desenvolvemento rural, a aplicación de normas de benestar animal e un método de produción acorde á preferencia de certos consumidores por produtos feitos a partir de substancias e procesos naturais. O piar fundamental da gandería ecolóxica é a alimentación animal. A normativa da gandería ecolóxica, prevé que polo menos o 60% do alimento nas granxas, debe ser forraxe fresco ou conservado e non permiten o uso rutineiro de vitaminas e minerais o que pode levar a deficiencias de minerais. As prácticas de manexo e a composición da dieta determinan en gran parte o nivel, tanto de elementos esenciais como tóxicos ao que está exposto o gando, e polo tanto, as concentracións destes elementos en produtos de orixe animal. Sabemos que as algas mariñas son ricas nunha ampla gama de aminoácidos, oligoelementos e vitaminas, con todo, e a pesar do alto contido de minerais da maioría das especies de algas, o seu uso como suplemento mineral non foi estudado, agás para o iodo. O obxectivo xeral deste traballo concéntrase en avaliar a posibilidade de utilización de macroalgas mariñas da costa de Galicia como unha fonte de minerais. Para iso, realizaranse os seguintes obxectivos específicos: (i) establecer o perfil mineral do gando leiteiro en España e avaliar se existe unha diferenza entre os sistemas ecolóxicos e convencionais, utilizando análise quimiométrica. (ii) realizar o que cremos ser o primeiro estudo sobre as concentracións de elementos esenciais e tóxicos en leite de granxas ecolóxicas, no norte de España, en comparación coa produción convencional. (iii) establecer a composición mineral (elementos tóxicos e esenciais) en algas do litoral de Galicia (NO España) e realizar un suplemento a base de algas con capacidade de aumentar os niveis de minerais, especialmente iodo e selenio nos animais. (iv) avaliar a viabilidade do uso de algas mariñas da costa de Galicia como unha fonte de minerais, sobre todo iodo e outros minerais en vacas leiteiras en produción ecolóxica. (v) avaliar o efecto da suplementación de algas soas ou en combinación cun suplemento mineral convencional (bolos ruminais) para mellorar o estado mineral de vacún de leite en granxas ecolóxicas e estimar o seu efecto sobre a composición mineral, a produción de leite e a composición (% de graxa, % de proteína e reconto de células somáticas).