O ritmo na dramaturxia. Teoría e práctica
Concluimos que o ritmo é o grao de tensión ou capacidade de suscitar atracción, interese e focalización na recepción, nunha dimensión máis ou menos cognitivoemocional, polos diferentes tipos de accións partiturizadas ou codificadas nunha dramaturxia destinada a un espectáculo teatral (xa sexa nun es...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Estado: | Versión publicada |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | CBUC, CESCA |
| Repositorio: | TDR. Tesis Doctorales en Red |
| OAI Identifier: | oai:www.tdx.cat:10803/378017 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10803/378017 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Arts escèniques Artes escénicas Performing arts Dramatúrgia Dramaturgia Dramaturtigy Ritme Ritmo Rithm Ciències Humanes 79 |
| Sumario: | Concluimos que o ritmo é o grao de tensión ou capacidade de suscitar atracción, interese e focalización na recepción, nunha dimensión máis ou menos cognitivoemocional, polos diferentes tipos de accións partiturizadas ou codificadas nunha dramaturxia destinada a un espectáculo teatral (xa sexa nun escenario teatral, xa sexa no escenario da nosa mente). Por tanto, concibimos as accións que se dispoñen nunha dramaturxia como os estímulos que, segundo a súa natureza, materialidade e nivel de incidencia ou aparición-presenza, xeran un determinado grao de tensión atractiva na recepción. Concluimos, asemade, que esa diversidade tipolóxica de accións estimuladoras establecen diferentes modalidades de relación e contacto que, nesta tese, estudamos como mecanismos rítmicos. A través da práctica da análise rítmica de obras de dramaturxia, fomos capaces de deducir que esas modalidades relacionais comprenden unha mecánica específica á hora de producir tensión. Un mecanismo, segundo algunhas definicións, é unha maneira de producirse unha actividade, unha función ou un fenómeno. O grao de tensión rítmica que desprende ou activa unha forma de contactar ou conectar, entre os diversos tipos de accións, constitúe o que denominamos mecanismo rítmico. Trátase dunha engrenaxe dinámica de diversos tipos de accións que desprende ou produce un determinado grao de tensión rítmica constatable e perceptible. Estas engrenaxes dinámicas, que chamamos mecanismos rítmicos, exercen, ademais, unha alteración ou modificación do grao de tensión rítmica propio de cada unha das accións que se cinguen e entran en contacto. Unha vez conquerida esta conclusión imponse o estudo e determinación de cales son os principais mecanismos rítmicos, os que máis aparecen nas dramaturxias das diferentes épocas, lugares, xéneros e estilos. Os que máis aparecen ao longo do repertorio da dramaturxia universal e tamén os que maior poder de xeración rítmica posúen. Nisto é no que máis se extende a reflexión teórica e os exemplos e exercicios prácticos de análise rítmica que se conteñen nesta tese doutoral así como no seu apéndice. |
|---|