A Vila de Gaudila: a toponimia como memoria popular e identidade cultural

[GAL] Partimos da localización da parroquia de Goiás atendendo aos lindes referenciados no Catastro de Ensenada e mudados no Arranxo Parroquial de 1891. De seguido, e como eixo do traballo, recompilamos microtoponimia (aldeas, fontes, augas, terras pedras) relacionada con esta parroquia de Lalín (di...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: García Porral, Xoán Carlos
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/40151
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/40151
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Toponimia
Lendas
Patrimonio
Historia
Goiás
Toponymy
Legends
Heritage
History
Leyendas
Descripción
Sumario:[GAL] Partimos da localización da parroquia de Goiás atendendo aos lindes referenciados no Catastro de Ensenada e mudados no Arranxo Parroquial de 1891. De seguido, e como eixo do traballo, recompilamos microtoponimia (aldeas, fontes, augas, terras pedras) relacionada con esta parroquia de Lalín (dita recompilación, ao ser moi extensa, achegámola no apéndice por cuestión de espazo). Dela, máis que a súa etimoloxía, interésanos a información que achega a través da tradición oral: uso, calidade e descrición física das terras e acontecementos do pasado agochados baixo os topónimos. Así teceremos un diálogo coa historia desta parroquia, serviendo como exemplo de como a tradición oral non só define e identifica a unha comunidade, senon que taién fixa a súa memoria. De aí o subtítulo do traballo: A toponimia como memoria popular e identidade cultural. Recentemente, a parroquia de Goiás, a Villa de Gaudila, fuoi considerada pola Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia coma obxecto de concentración parcelaria (data de aprobación do decreto: 27/10/2022 - DOG 16/11/2022). Predios con distintos nomes nun mesmo agro quedarán aglutinados baixo dous o tres nomes, dependeendo dos novos donos. O minifundismo do antigo réxime, rico en microtoponimia, deixará paso ao latifundismo do novo réxime. A riqueza inmaterial que a toponimia achega quedará reducida a números referentes ao polígono e parcela perdéndose, en parte, a rica tradición que cada topónimo traía consigo. Finalmente, como conclusión, elaboramos unha clasificación dos microtopónimos recollidos segundo as motivacións que os orixinaron e unha reflexión sobre a simbolización lingüística dos espazos e das experiencias da tradición. De xeito virtual, facilitarase un enlace a un mapa de Google Maps nol que se atopan xeocalizados os microtopónimos recompilados.