A ‘avaliación’ e os instrumentos económicos en materia de políticas públicas de medio ambiente. Referencia ó Protocolo de Kioto

En decembro de 1997 chegouse a un acordo sobre o Protocolo de Kioto que poñía as bases dos mecanismos que se van empregar polos países industrializados de cara a reducir emisións contaminantes dos gases de efecto invernadoiro (GEI) procedentes da actividade humana, que provocan o quentamento atmosfé...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: García Añón, María
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2002
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/19277
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/19277
Access Level:acceso abierto
Descripción
Sumario:En decembro de 1997 chegouse a un acordo sobre o Protocolo de Kioto que poñía as bases dos mecanismos que se van empregar polos países industrializados de cara a reducir emisións contaminantes dos gases de efecto invernadoiro (GEI) procedentes da actividade humana, que provocan o quentamento atmosférico e repercuten no clima do planeta e que, igualmente, se formulou na Reunión da Unión Europea en Bonn e na Conferencia das Partes do Convenio sobre o Cambio do Clima (COP7) de Marrakech, en setembro e e en outubro de 2001, respectivamente. Tras numerosas e difíciles discusións, o 4 de marzo de 2002, os países da Unión Europea alcanzaron un acordo que permite a ratificación do Protocolo de Kioto. Así mesmo, esta materia foi un dos principais problemas abordados no Cumio das Nacións Unidas, que tivo lugar en Xohanesburgo entre os meses de agosto e setembro de 2002. A dita reducción supón o compromiso dos países industrializados de baixa-las súas emisións de GEI para diminuí-la media mundial, e os mecanismos que cómpre aplicar para conseguir este obxectivo foron: a aplicación conxunta, que prevé investimentos en proxectos no estranxeiro capaces de xerar créditos de emisións; o mecanismo para un desenvolvemento non contaminante, utilizando tecnoloxías máis limpas; o fondo de conformidade, de acordo co cal aqueles países que superen os niveis máximos permitidos de emisión dos gases mencionados serán penalizados co pagamento dunha cantidade por tonelada de GEI e castigados coa reducción de actividade no seguinte período; e o intercambio de emisións. Este traballo fíxase neste último, a modo de exemplo dos instrumentos económicos en materia de política de medio ambiente