Lírica ou como (re)visitar a Idade Media: poesía, historia e arte como experiencias turísticas
Cultura trobadoresca-Cistercium experientia (Lírica), Piloto I do macroproxecto GEOARPAD - Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e ínnovación, márcase como obxectivo poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente d...
| Autores: | , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | capítulo de libro |
| Fecha de publicación: | 2020 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/38151 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/38151 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Lírica profana galego-portuguesa Trobadores Turismo Territorio Novas tecnoloxías 570107 Lengua y literatura |
| Sumario: | Cultura trobadoresca-Cistercium experientia (Lírica), Piloto I do macroproxecto GEOARPAD - Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e ínnovación, márcase como obxectivo poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente deprimida, que non só ofrece unha riqueza artística senlleira senón que constitúe o berce dunha tradición literaria que guiou o canon da poesía lírica no centro e occidente ibéricos entre os séculos XII e XIV. Para acadar esta meta, tomamos como base a lírica profana galego-portuguesa, situándoa no contexto histórico, político, social e artístico en que se xestou, e analizando, máis en concreto, as relacións que se estableceron entre determinadas abadías cistercienses localizadas na área de actuación, as famílias nobres alí implantadas e o protagonismo que estas tiveron na creación e na promoción da poesía trobadoresca. Os resultados obtidos deste proceso de fixación sobre o terreo da lírica, do levantamento de elementos patrimoniais e artísticos e do establecemento das oportunas relacións entre eles divulgaranse mediante unha serie de materiais interactivos, audiovisuais e impresos creados para que os visitantes gocen e experimenten a Idade Media en toda a súa riqueza e esplendor. |
|---|